logo

O sapoconcho común en Galicia, ferido de morte?

ausa preocupación ver a cantidade de ameazas que comprometen a supervivencia do sapoconcho común (Emys orbicularis) en Galicia: a captura ilegal para a súa venda como mascota, as especies exóticas invasoras que a depredan ou compiten polo mesmo hábitat (perca americana, visón americano ou os cangrexos sinal e americano), os parasitos, como o Spirorchis elegans, o desecamento das zonas húmidas onde viven e mesmo os incendios forestais están dificultando moito os intentos por recuperar o número de exemplares. Este réptil, tamén coñecido como sapoconcho europeo, é unha tartaruga moi presente nas augas doces do centro e sur de Europa, desde Rusia ata a península Ibérica, e en toda a bacía do Mediterráneo. Leer más.

https://www.gciencia.com/wp-content/uploads/2018/01/sapoconcho-com%C3%BAn.jpg

Facebook
Twitter
LinkedIn