Durante o ano 2.018, o atlas de anfibios e réptiles de Galicia acadou un total 21.876 datos de anfibios e réptiles, dos cales 5.079 (23,2%) son datos novos respecto ó atlas publicado. De anfibios acadáronse 13.330 datos e de réptiles 8.546 datos totais. No informe realizado, de libre acceso e descarga, podemos ver diversas novidades en especies de escasa distribución e incluso a introducción de poboacións foráneas como a lagartixa dos muros (Podarcis muralis) na cuadrícula NG27, no Concello de Vigo, e que se suma á localizada no ano 2017 no Concello de Coristanco. A Sección de Herpetoloxía ten que agradecer a todas e cada unha das 422 persoas ou entidades que aportaron algún dato dende o inicio do proxecto, alá polo ano 2005, ata o ano 2018, sen eles non houbera sido posible este proxecto, realizado integramente de xeito altruista. Ir al enlace.
8ª ACTUALIZACIÓN DO ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA. Ano 2018
Facebook
Twitter
LinkedIn